Miserere, unha radiografía da violencia machista.

Teatro-forum

Miserere naceu con vocación didáctica, por iso decidimos dar ao público a oportunidade de participar nun debate posterior á representación que servira para afondar nos temas tratados na obra:
-          Signos que poden poñer sobre aviso, os primeiros desprezos e humillacións.
-          O chamado "Síndrome de dependencia afectiva" que leva á vítima a minimizar, negar e mesmo disimular as agresións, a perdoar unha e outra vez e aferrarse a calquera cousa que poda semellarse a un sinal de cambio.
-          A influencia sobre a personalidade da educación, dos valores e dos estereotipos aprendidos socialmente.
-          A degradación da autoestima e o progresivo deterioro psicoafectivo que volven á vítima unha persoa submisa e insegura, perseguida polo sentimento de culpabilidade, que fai calquera cousa por compracer a súa parella.
-          A situación de soidade, o illamento social ao que é sometida a vítima como consecuencia dos ciumes da súa parella.
-          A necesidade de apoio e afecto por parte do entorno.

Foron escenarios de debate: Monforte de Lemos, Puentedeume, Lugo, Castro de Rei e Caldas de Reis.